Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Crecente (expediente IN407A 2023/180-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS FRI808 e CS na Ameixeira.

Situación: Crecente.

Descricións técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, de 790 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio HVH-1600/13 AP5555NK//73 (situado no lugar da Capela), mediante paso aéreosubterráneo, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado.

Centro de seccionamento con celas compactas con corte en SF6 (3L, dúas telecontroladas), situado na parcela con referencia catastral 36014A041002440000YK, no lugar de Pedroso.

A instalación está situada na Ameixeira, no municipio de Crecente (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2023/180-4.

Denominación: LMTS FRI808 e CS na Ameixeira.

Concello: Crecente.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CS (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

A Capela

Rústico

36014A042010400000YJ

Descoñecido/a

14,00

35,89

2

Pedroso

Rústico

36014A041002440000YK

CMVMC de Ameixeira

13,78

4,00

9,62