Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2023/172-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT, CT O Castro.

Situación: Mos.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-56, de 95 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A4PQXM8P//D1-87 da LMTA ATI712 Torneiros 12 e final no apoio proxectado C 12/2000-H35-CA/CS, situado na parcela con referencia 36033A028000120000SB.

Liña de media tensión subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, de 87 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C 12/2000-H35-CA/CS mediante un paso aéreo subterráneo e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación a 100 kV, con R.T. 15 kV /400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A028000740000SW, no camiño do Castro 62.

A instalación está situada no Castro, no municipio de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/172-4.

Denominación: LMT, CT O Castro.

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Fernal

Prado

36033A028000710000SZ

Descoñecido/a

1

1,00

68,04

544,04

2

Fernal

Labor

36033A028000700000SS

Descoñecido/a

1

1,00

135,59

3

Fernal

Labor

36033A028000720000SU

Descoñecido/a

16,76

170,65

4

Ceidón

Prado

36033A028000120000SB

Descoñecido/a

1

2,00

4,54

2,41

44,80

7,04

5

Montañan

Prado

36033A028000740000SW

Celso Leiros Carrera

CT

16,81

1,57

6,06