Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2023 Páx. 32987

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) da estrada a Quintas.

A Xunta de Goberno local, mediante o Acordo adoptado na sesión do 2 de maio de 2023, aprobou definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do PEID da estrada a Quintas, no concello de Cervo, coa finalidade de levar a cabo a urbanización da estrada a Quintas-Cervo. O proxecto estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [http://cervo.sedelectronica.es]. O texto do acordo é do seguinte teor:

Primeiro. Estimar parcialmente a alegación presentada por José Francisco Valle Rey, unicamente no referente á extensión de 1.186 m2 recoñecida pola escritura de compravenda do predio 7 do expediente expropiatorio para a obtención dos bens e dereitos necesarios para levar a cabo a execución do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para o acondicionamento da estrada a Quintas, no concello de Cervo (Lugo), aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno local do Concello de Cervo o 13 de xaneiro de 2023. Desestimar o resto da alegación, con base nos argumentos expostos no informe do técnico municipal do 27 de abril de 2023, que consta transcrito no corpo deste acordo.

Segundo. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do PEID da estrada a Quintas, no concello de Cervo, e publicar o dito acordo no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar o presente acordo de aprobación definitiva do proxecto de expropiación por taxación conxunta aos interesados propietarios e titulares de bens e dereitos que figuran no expediente, conferíndolles un prazo de vinte días contado desde a notificación deste acordo, durante o cal poderán manifestar por escrito, ante o órgano expropiante, a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

Se os interesados non formularen oposición á valoración no citado prazo de vinte días, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente. O citado prezo que se fixou no proxecto de expropiación aprobado definitivamente foi o seguinte:

Nº predio

Referencia catastral

Afección

Sup. afectada

Importe do prezo xusto

Titular/Inquilino

1

8768001PJ2386

Parcial

440,44

1.904,87 €

Rodríguez Enríquez, José Luis

2

8768003PJ2386N

Parcial

770,05

3.714,80 €

Varqueiro Castellón, Ramón

3

8768004PJ2386N

Parcial

211,41

946,84 €

Enríquez Durán, Guillermo

4

8768005PJ2386N

Parcial

187,97

791,45 €

Víctor Vilar Fernández

5

8768006PJ2386N

Parcial

147,91

792,88 €

Herdeiros de Fernández Chao, Concepción

6

8768007PJ2386N

Parcial

104,13

532,94 €

Varqueiro Castellón, Ramón

7

8863005PJ2386S

Parcial

460,18

5.922,57 €

Valle Rey, José Francisco (50 %) / González Vispo, María Celia (50 %)

8

8863006PJ2386S

Parcial

119,94

1.492,56 €

López Otero, Maria Paulina

9

8967002PJ2386N

Parcial

24,29

102,27 €

Concello de Cervo

10

8967010PJ2386N

Parcial

32,31

136,04 €

Concello de Cervo

11

8967011PJ2386N

Parcial

36,02

151,66 €

Concello de Cervo

12

8967012PJ2386N

Parcial

26,9

113,26 €

Concello de Cervo

Se existise desconformidade coa valoración establecida no dito expediente, darase traslado do expediente e da folla de valoración impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia, para os efectos de fixar o prezo xusto, o que, en todo caso, se fará de acordo cos criterios de valoración establecidos na lexislación vixente.

Cuarto. O acordo de aprobación definitiva do expediente de expropiación por taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, de conformidade co artigo 118.10 da Lei do solo de Galicia, e a ocupación comportará a necesidade de redactar unha acta nos termos contidos na lexislación estatal.

Quinto. O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

Sexto. Con posterioridade á aprobación definitiva do proxecto de expropiación, procederase á inscrición rexistral das parcelas nos termos contidos na lexislación estatal, así como a instar do Catastro a actualización da súa configuración e titularidade.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que o acorda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo con sede na capital da provincia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Cervo, 3 de maio de 2023

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde