Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31969

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do convenio urbanístico cos promotores para a fixación das novas determinacións do Plan parcial do sector SUD-10.

O Pleno da Corporación, en sesión do 30.3.2023, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o convenio urbanístico para a fixación das novas determinacións do plan parcial do sector SUD-10 (Viñas de Babilonia-Liáns).

Segundo. Facultar o titular da alcaldía, en exercicio da súa atribución como representante legal da corporación, para a subscrición do convenio mediante documento administrativo.

Terceiro. Notificar e emprazar as persoas interesadas, para os efectos de que se asine o convenio urbanístico arriba referenciado, nun prazo de 15 días desde a notificación da aprobación do texto definitivo.

Cuarto. Notificar o presente acordo ás persoas que efectuaron alegacións no trámite de información pública.

Quinto. Anotar e custodiar un exemplar completo do texto definitivo do convenio urbanístico e da súa documentación anexa no Rexistro de Convenios deste concello, custodiado pola Secretaría Xeral.

Sexto. Unha vez subscrito o convenio urbanístico será publicado no Diario Oficial de Galicia de dentro do mes seguinte á súa sinatura, e notificado ás persoas titulares das parcelas afectadas. Tamén se lle dará publicidade na páxina web do Concello.

O texto íntegro do convenio pode consultarse na seguinte ligazón: https://www.oleiros.org/documents/39407/55871/Certificado_SUD-10_definitivo5468672125839026016.pdf/18b1074d-c6d4-3a84-ccca-d9fabc27d1c4?t=1682415718627

Oleiros, 25 de abril de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente