Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 23 de maio de 2023 Páx. 31155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 26 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Paderne (expediente IN407A 2022/265-1).

Expediente: IN407A 2022/265-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: CT, LMT e RBT lugar da Pena, s/n.

Concello: Paderne.

1. Características técnicas:

– Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT tipo intemperie Obre (expediente 26.586/matrícula 15A518) de 100 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, instalado no apoio nº 56-4-CT (matrícula AQBV431S) de formigón tipo pórtico 2×HV-12/1A pertencente á arquitectura da liña de media tensión PED-711, sito no lugar da Pena.

– Desconexión e desmontaxe do treito da LMT PED-711 mediante o cal se alimenta o CT Obre existente, de 82 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre un punto situado entre o apoio nº 56-2 (matrícula AQBD5FV4) e o apoio nº 56-3 (matrícula AQBG5824), a 22 metros deste, e o apoio nº 56-4-CT en que está localizado o CT Obre. Esta operación implicará a retirada do apoio nº 56-3 e dun dos apoios que forman o pórtico nº 56-4-CT, que pasará a integrarse na rede de distribución de baixa tensión.

– No punto situado entre o apoio nº 56-2 e o apoio nº 56-3 antes indicado, respectando o actual trazado da LMT PED-711, proxéctase a instalación dun novo apoio metálico tipo FL-C-2000/12-H35-CA no cal se localizará o novo CT tipo intemperie de 160 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé de imaxe térmica e cadro de baixa tensión (CBT), que substituirá o CT Obre que se vai desmantelar.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no treito de 60 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 56-2 existente e o novo apoio metálico proxectado.

– Reordenación da rede de baixa tensión actualmente alimentada desde o CT Obre que se vai desmantelar, consistente na desmontaxe do treito aéreo de 88 metros de lonxitude en condutores tipo RZ 3(1×25 mm2 Al) e RZ 3(1×150 mm² Al) con orixe no CBT do actual CT Obre e remate no apoio de formigón tipo HV-1250/9 existente, na instalación de dous (2) circuítos aéreos de 111 metros de lonxitude cada un en condutores tipo RZ 3(1×95/54,6 mm² Al/Alm) e RZ 3(1×150/80 mm² Al/Alm) con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no apoio que forma parte do pórtico nº 56-4-CT unha vez integrado na rede de baixa tensión e na instalación dun circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS), de 36 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al) con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se instalará en apoio de formigón tipo HV-100/8 existente e remate na CPM dun solicitante de subministración de enerxía eléctrica. Para o tendido dos dous circuítos aéreos substituirase o apoio de formigón tipo HV-1250/9 antes indicado por un novo apoio, tamén de formigón, tipo HV-1000/11.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 26 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

CT, LMT e RBT lugar da Pena, s/n

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Paderne

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Carmen Varela Díaz

15065A504000530000HA

polígono 504, parcela 53

Lugar de

Campeiro

Novo apoio metálico (CT)

1,44

Labor ou labradío

de secaño