Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 23 de maio de 2023 Páx. 31153

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría de profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 2 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro e BOE do 6 de marzo de 2023), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, pola quenda de acceso libre.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo, que estará composto polas seguintes persoas:

• Tribunal titular:

Presidente:

– Víctor Manuel Arce Vázquez, catedrático de universidade da USC.

Vogais:

– Celia María Pombo Ramos, profesora titular de universidade da USC.

– Mercedes Otero Cristobo, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Mª Sol Abella Fernández, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretario:

– Vicente Mirazo Angueira, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

• Tribunal suplente:

Presidente:

– José María Méndez Figueiras, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Vogais:

– Manuel Pérez Calvelo, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Lucía Bellón Pita, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Xosé Manuel Suárez Bello, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretaria:

– Rosa María Puga Rajo, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela