Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 23 de maio de 2023 Páx. 31151

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade de química (espectrometría de masas e proteómica), grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 7 de decembro de 2022 (DOG do 20 de decembro de 2022 e BOE do 27 de marzo de 2023), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade de química (espectrometría de masas e proteómica), do grupo III, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidente:

– Esteban Guitián Fernández, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Vogais:

– Manuel Martín Pastor, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Verónica Piñeiro Gómez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Bruno da Cuña Mariño, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Secretaria:

– Silvia María Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidenta:

– Mónica Paz Tarrío, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Vogais:

– Antonio Luis Llamas Saiz, persoal laboral fixo do grupo I da USC

– María José Pazos Guldrís, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Beatriz Barral Montaña, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretario:

– José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela