Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 23 de maio de 2023 Páx. 31191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de maio de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 21 de marzo de 2023 relativa á revisión do esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Xugo da Bola, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Dadín, no concello do Irixo.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Xugo da Bola, pertencente á CMVMC de Dadín, no concello do Irixo, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 6 de setembro de 2022 a CMVMC de Dadín presentou unha solicitude (Rexel núm. 2022/2207642) de revisión de esbozo do MVMC Xugo da Bola, no concello do Irixo.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do Acordo da Asemblea Xeral do 25 de marzo de 2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

– Informe de validación gráfica catastral.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 9 de decembro de 2022 en relación coa citada solicitude. No mesmo indícase que o perímetro obxecto de revisión inclúe as partes do perímetro lindeiras con particulares. O monte non linda con outros montes veciñais en man común.

A superficie do MVMC Xugo da Bola, unha vez revisado o esbozo, resulta de 40,1275 ha fronte ás 46 ha do acordo de clasificación, o que supón unha redución do 13 %. Tendo en conta que hai unha expropiación de ADIF de 5,40 ha e unha avinza con particulares de 3.716 m², a diferenza de superficie entre a clasificación e a presente revisión de esbozo é inferior ao 1 %.

Tendo en conta o anterior, infórmase favorablemente revisión do esbozo do MVMC Xugo da Bola.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con esta, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 9 de decembro de 2022, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 27 de febreiro de 2023:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Xugo da Bola, pertencente á CMVMC de Dadín, no concello do Irixo.

Ourense, 2 de maio de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense