Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 23 de maio de 2023 Páx. 31190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 4076/2023, interposto contra a Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR553C).

A Consellería do Medio Rural recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo, sección 2, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o decreto no cal se comunica a interposición do recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 4076/2023, interposto por European MinkFarm Rooijakkers, S.L.U. en liquidación, contra a Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR553C).

En consecuencia, esta dirección xeral acorda nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo, sección 2, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove (9) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura
e Industrias Agroalimentarias