Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 24 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2023/062-1).

Expediente: IN407A 2023/062-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Paredón.

Concello: Ferrol.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SMR-729 rexistrado no expediente IN407A 2016/2121-1, de 160,5 metros de lonxitude en condutor tipo LA-180, comprendido entre os seus apoios núm. D11 (matrícula: AOEPCSW4) metálico tipo A-AL-3A/14-DC-CAIII e núm. D13 (matrícula: AOGAH9ON) metálico tipo A-AL-2 x 3A/14-DC-CAIII, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localicación, do actual apoio núm. D12 (matrícula: AOFEJJKD) metálico tipo 3A/14-DC, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-3000/16-E30/120-CAIII no que proxecta a instalación de dous (2) pasos aéreo-soterrados (PA/S) dotados do seu respectivo xogo de pararraios autoválvulas.

– Centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, telecontrolado e dotado de equipamento de telexestión e cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas, que se vai instalar na parcela con referencia catastral 15037A002001610000PU sita no Camiño do Paredón (concello de Ferrol).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 2 x 346 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 x 240 mm² Al), coa orixe e remate nos pasos aéreo-soterrados (PA/S) a instalar no novo apoio metálico, tras entrar e saír no novo CT proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-180 (condutor existente) nos vans da liña SMR-729 anterior e posterior ao novo apoio metálico proxectado, de 77,9 e 82,6 metros de lonxitude, respectivamente.

– Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Vivendas sindicais Catabois (expedientes 11.726 e IN407A 2016/1597-1/matrícula: 15CFA1), que resultará parcialmente descargado, mediante da instalación de dous (2) novos circuítos de baixa tensión (RBTS) coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), de 2×23 metros de lonxitude que rematarán nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente que se van realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoio tipo IB/9 existente, da desmontaxe de 91 metros en condutor tipo RZ 3(1×95 mm2 Al) da rede existente e da apertura de pontes que permitirán a alimentación de parte da rede existente desde o novo CT proxectado.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 24 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: LMT, CT e RBT Paredón.

Concello: Ferrol.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Alejandra, José Ignacio e Ramón, Mosquera Niebla

15037A002001610000PU

Polígono 2, parcela 161

Monte Grande

CT e acceso

20,06

Rústico, agrario