Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 24 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ponteceso (expediente IN407A 2022/174-1).

Expediente: IN407A 2022/174-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA BRT-803, substitución apoio 9QEP952S//77-63-A-7-CT.

Concello: Ponteceso.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, da liña a 20 kV BRT-803 rexistrada no expediente IN407A 2016/2253-1, consistente na substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15069A014003030000PB, do actual apoio núm. 73-63-A-7-CT (matrícula: 9QEP952S) en que se atopa instalado o CT intemperie Pardiñas 2-Mezquita (expedientes IN407A 2000/328-1 e IN407A 2016/1448-1/matrícula: 15AMC7), polo novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-3000/14-H35-CA.

A anterior actuación implicará o retensado do condutor tipo LA-30, no treito da LMT BRT-803 de 108 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 77-63-A-6 (matrícula: 9QEKHWRB) de formigón tipo S-AL-HV-400/13-B1-CS existente e o novo apoio núm. 73-63-A-7-CT proxectado e a reinstalación do CT Pardiñas 2-Mezquita no novo apoio núm. 73-63-A-7-CT proxectado.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 24 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: regulamentación LMTA BRT-803, substitución apoio 9QEP952S//77-63-A-7-CT.

Concello: Ponteceso.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15069A014003030000PB

Polígono 14, parcela 303

Monte Minas

Novo apoio núm. 77-63-A-7-CT

2

Rústico, agrario