Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 25 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2023/065-1).

Expediente: IN407A 2023/065-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: aumento de potencia CT Val-15CS35.

Concello: Narón.

Características técnicas:

– Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT tipo pombal Val (expediente IN407A 2016/1598-1/matrícula: 15CS35) existente, de 250 kVA de potencia e relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV, actualmente instalado na parcela con referencia catastral 3523718NJ6232S0001KB sita no Camiño de Tadeo (concello de Narón).

– Modificación do apoio nº 56 (matrícula: AOUOMD3U) metálico de celosía tipo C-2000/12-T35, pertencente á arquitectura do treito da LMT SMR-711 autorizado no expediente 52.292, consistente na desmontaxe dos elementos de protección e manobra tipo XS existentes e na instalación de dous (2) pasos aéreo-soterrados (PA/S) dotados do seu respectivo xogo de pararraios autoválvulas.

– Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do treito de LMT aérea de 7 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110 comprendido entre o apoio nº 56 e o CT Val para desmontar.

– En substitución do CT Val tipo pombal, proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 400 kVA de potencia, relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, telecontrolado e dotado de equipamento de telexestión e cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas, que se emprazará na pegada que deixará o dito CT Val unha vez desmantelado. Para a construción da beirarrúa perimetral do novo CT afectaranse as parcelas con referencia catastral 3523711NJ6232S0001QB e 32523712NJ6232S0001PB.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 2×12 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), coa orixe e remate nos pasos aéreo-soterrados (PA/S) para instalar no apoio nº 56 modificado, tras entrar e saír no novo CT proxectado.

– Instalación de 138 metros de condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al) disposto en tres (3) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remates nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios de formigón tipo HV-1000/11 e HV-1000/9 existentes, en que se conectará coa rede aérea de baixa tensión existente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 25 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: aumento de potencia CT Val-15CS35.

Concello: Narón.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de

enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Miguel Antonio

Gómez Fontenla

32523712NJ6232S0001PB

Lugar de Quinta

CT: beirarrúa

perimetral

2

Urbana

2

Francisco

Aneiros García

3523711NJ6232S0001QB

Lugar de Quinta

CT: beirarrúa

perimetral

5

Urbana