Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31096

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa e corta de especies arbóreas prohibidas, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, atópanse á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias do Concello de Moaña da Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, situadas na rúa As Barxas, núm. 2, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborais, de luns a venres.

Núm, de expediente

Ref. catastral

Parroquia

Lugar/polígono/parcela

Persoa responsable

1360/2023

36029A03900056

Domaio

Palmás/Pumariño/Brasal

Descoñecida

Moaña, 25 de abril de 2023

Leticia Santos Paz
Alcaldesa