Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 4 de maio de 2023, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente CCAA 194/2022.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberase efectuar, logo de cita, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, 43, planta -1, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 4 de maio de 2023

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: alerta núm. CCAA 194/2022.

CIF/NIF: X5773847L.

Acto notificado: requirimento 36R001/R-AFV-64/2023.