Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 4 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2019/0027-4 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, por este anuncio notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores na orde social.

O texto íntegro das resolucións poderanse consultar nas dependencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781, Santiago de Compostela, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo, teranse por notificadas as actuacións.

As resolucións poñen fin á vía administrativa, polo que os interesados poderán impugnalas, ante os xulgados do social, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente Xefatura Territorial da Consellería da Promoción do Emprego e Igualdade, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que se sinala nel, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa

Domicilio localidade

Nº expediente

Acta de infracción

Data resolución

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Externa Tema, S.L.

Avda. Américo Vespucio, 5 B, Sevilla

RL 2019/0027-4

96666/2018/4/T

28 de marzo de 2022

Artigo 11.2 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores

Artigo 7.2 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

3.125 euros

Servizos Sociais Ulla-Sar, S.L.

Rúa Dolores, s/n, Padrón (A Coruña)

RL2020/0344-1
70317/2020/1/H

4 de outubro de 2022

Artigos 14 e 16.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais

Artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

20.000 euros

Eduardo Gradillas García

Camiño Los Ángeles, s/n, Ferral de Bernesga (León)

RL2021/0070-3

7139/2021/3/H

28 de outubro de 2022

Artigos 14, 15, 16 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais

Artigo 12.1.a) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

2.046 euros

Eduardo Antonio Carreño Casa

Portosín, s/n, Porto do Son (A Coruña)

RL 2021/0381-1

66757/2021/1/H

13 de decembro de 2022

Artigos 14, 15, 19 e 20 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais

Artigo 12.10 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

8.196 euros

Veiras Metal, S.L.

Polígono O Acevedo, 8, Cerceda (A Coruña)

RL 2022/0221-1

29047/2022/1/H

20 de marzo de 2023

Artigo 14.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 3 e anexo II, punto 4, do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen medidas mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo

Artigo 12.16.b) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

4.000 euros