Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 30810

I. Disposicións xerais

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 21/2023, do 2 de marzo, polo que se modifica o Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 56, do 21 de marzo de 2023, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 19169, na táboa 16, onde se citan os tecores, no denominado «Asociación Deportiva de Cazadores Santa María do Cabalar», debe dicir: «Sociedade de Cazadores da Capela». Na columna identificada como matrícula, onde di: «C-10116», debe dicir: «C-10215».

Na páxina 19283, no punto 4.5.2.3.2. Usos autorizables, elimínase a alínea j) onde di: «j) As tarefas de mantemento de infraestruturas xa existentes, non incluídas no Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes no parque natural».

Na páxina 19288, no punto 4.5.3.3.1. Usos prohibidos, elimínase a alínea d) onde di: «d) As tarefas de mantemento cotiá de infraestruturas xa existentes, tanto as incluídas no Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes como as derivadas da xestión e mantemento daquelas instalacións autorizadas para operar no parque natural».

Na páxina 19289, no punto 4.5.3.3.3. Usos permitidos, onde di: «e) As tarefas de mantemento cotián de infraestruturas xa existentes, incluídas no Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes no parque natural.», debe dicir: «e) As tarefas de mantemento cotián de infraestruturas xa existentes, tanto as incluídas no Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes como as derivadas da xestión e do mantemento daquelas instalacións autorizadas para operar no parque natural».