Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/84-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS TRO701 entre os CT Subride 36A985 e Fonte Escura 36A988 e substitución CTI Fonte Escura por CTC.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

Substitución do centro de transformación intemperie Fonte Escura 36A988 por un centro de transformación compacto a 400 kVA, con RT 15 kV/400 V, situado no camiño da Balanciña, 6, na parcela con referencia catastral 6956213NG2765N0001AU.

LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, de 920 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Subride 36A985, situado no camiño Subride 129 e final no centro de transformación proxectado 36A988 Fonte Escura, situado no camiño da Balanciña, 6, na parcela con referencia catastral 6956213NG2765N0001AU.

LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, de 37 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación proxectado 36A988 Fonte Oscura e final no paso aéreo-subterráneo proxectado no apoio A10EGRLV//D26-1//D26 da LMT TRO701.

As instalacións están situadas no camiño Subride, camiño Pardiñeiros, camiño da Felisa, camiño Xaméndez, rúa Fonte Escura e camiño da Balanciña, na parroquia de Candeán, no municipio de Vigo.

Consideracións legais:

A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Polo que antecede, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Outorgarlle á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 21 de abril de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra