Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30503

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso á categoría profesional de técnico/a superior de investigación (APL), grupo I, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 8 de novembro de 2022 (DOG do 22 de novembro e BOE do 27 de marzo de 2023) convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a superior de investigación (APL), grupo I, pola quenda de acceso libre. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas pola quenda de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela