Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30502

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso á escala técnica superior de administración, especialidade económica, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2023 (DOG do 7 de marzo e BOE do 27 de marzo de 2023) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas na escala técnica superior de administración, especialidade económica, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas pola quenda de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela