Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30504

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de especialista de oficios (xardineiro).

Mediante a Resolución do 24 de novembro de 2022 (DOG do 9 de decembro e BOE do 22 de febreiro de 2023) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional especialista de oficios (xardineiro), grupo IV.I, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución do 22 de marzo de 2023 (DOG do 31 de marzo) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas citadas probas selectivas pola quenda de acceso libre e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión. Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o 23 de xuño de 2023, ás 11.00 horas, na aula 12 da Facultade de Dereito, avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela