Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 3 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social RL 2022/0452-4 e un máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible efectualas, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a presente cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselles saber ás persoas interesadas que poden formular recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2022/0452-4.

Acta: I362022000084858.

Empresa: Rabea Patrimonio e Inversiones, S.L.

Enderezo: avenida Gran Vía, 106-7º, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 5 do Real decreto lei 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, artigo 4 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo, e artigo 7 e disposición adicional primeira do Real decreto 171/2004, do 30 de xaneiro, polo que se desenvolve o artigo 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevencións de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.b) e 39 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 15.3.2023.

Resolución: multa de 2.046 €.

Expediente: RL 2022/0535-4

Acta: I362022000094457

Empresa: Noyamotor Concesionario, S.L.

Enderezo: rúa Baixa do Covelo, 4; Vigo

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 4.2.e) do texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 8.11, 39 e 40.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 29.3.2023

Resolución: multa de 7.501 €.

Vigo, 3 de maio de 2023

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra