Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade AJ Asesores, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial, o 4 de abril de 2023, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais relativo ao domicilio social da entidade AJ Asesores, S. Coop. Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 28 de febreiro de 2023. O seu novo domicilio social é Concepción Arenal, nº 17, baixo, no concello de Sanxenxo, provincia de Pontevedra.

Vigo, 4 de abril de 2023

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra