Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 89, do 10 de maio de 2023, cómpre efectuar as seguintes correccións:
Nas páxinas 28964 e 28965, no punto cuarto.1, onde di:
«1. Profesorado que prestou servizos como interino ou substituto, pola mesma orde en que participou ou tiña dereito a participar na elección de destino no último curso, sempre que non renunciasen a unha interinidade ou substitución que se lles ofertase ou se acollesen ao previsto no punto décimo cuarto deste acordo.».
Debe dicir:
«1. Profesorado que prestou servizos como interino ou substituto, pola mesma orde en que participou ou tiña dereito a participar na elección de destino no último curso, sempre que non renunciase a unha interinidade ou substitución que se lle ofertase ou se acollese ao previsto no punto décimo quinto deste acordo.».
No punto cuarto.2, no cuarto parágrafo da páxina 28966, onde di:
«– Non se integrarán na lista para realizar interinidades ou substitucións aquelas persoas que non acudiron ao acto de presentación e aqueloutras que non se presentasen ou se retirasen na primeira ou na segunda proba, agás nos supostos previstos na base décimo segunda.3.».
Debe dicir:
«– Non se integrarán na lista para realizar interinidades ou substitucións aquelas persoas que non acudiron ao acto de presentación e aqueloutras que non se presentasen ou se retirasen na primeira ou na segunda proba, agás nos supostos previstos na base décimo terceira.2.».