A Xunta de Goberno local, na súa sesión do 5 de maio de 2023, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira para ocupar sete prazas de inspector/a da policía local (grupo A; subgrupo A2; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: policía local; categoría: inspector/a de policía), incluídas na oferta de emprego público 2019-2020-2021, pola quenda de promoción interna, das seguintes persoas:
• F. J. Porto Justo, con DNI ***8934**.
• J. D. Vázquez Domínguez, con DNI ***4527**.
• A. J. López Santana, con DNI ***5771**.
• J. A. García Veiro, con DNI ***9231**.
• S. J. Martínez Pardo, con DNI ***9661**.
• D. Costas Pérez, con DNI ***0183**.
• M. Otero Sotelo, con DNI ***1226**.
As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG. No caso de non facelo, serán declaralas en situación cesante e, consecuentemente, decaídas no seu dereito.
Aos ditos nomeamentos dáselles publicidade consonte o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación da función pública vixente.
Vigo, 8 de maio de 2023
O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 16.4.2021; acordos da Xunta de Goberno local do 22.4.2021 e 8.9.2022; Resolución da Alcaldía do 6.9.2022)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Seguridade, Contratación e Xestión Municipal