A Xunta de Goberno local, na súa sesión do 5 de maio de 2023, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira para ocupar once prazas de oficial da policía local (grupo C; subgrupo C1; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: policía local; categoría: oficial), incluídas na oferta de emprego público dos anos 2020-2021, pola quenda de promoción interna, das seguintes persoas:
• M. Álvarez Pena, con DNI ***7224**.
• S. Pereira Castro, con DNI ***7748**.
• D. Conde Castro, con DNI ***5487**.
• A. Sellán González, con DNI ***7350**.
• I. Otero González, con DNI ***0027**.
• J. Rodríguez Sánchez, con DNI ***6569**.
• U. Iglesias Rodríguez, con DNI ***9078**.
• R. González dos Santos, con DNI ***8499**.
• J. Acevedo Posse, con DNI ***7655**.
• J. M. Tella Doval, con DNI ***5008**.
• J.E. Comesaña Rosende, con DNI **1627**.
As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG. No caso de non facelo, serán declaradas en situación cesante e, consecuentemente, decaídas no seu dereito.
Aos ditos nomeamentos dáselles publicidade consonte o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación da función pública vixente.
Vigo, 8 de maio de 2023
O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 16.4.2021; acordos da Xunta de Goberno local do 22.4.2021 e 8.9.2022; Resolución da Alcaldía do 6.9.2022)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Seguridade, Contratación e Xestión Municipal