Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 30128

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal denominada MP 09 modificación dos núcleos de Ramil, Laraño, Calzande e Gundián.

Unha vez aprobado inicialmente, por acordo do Pleno da corporación do 22 de marzo de 2023, o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal deste concello, denominada MP 09 modificación dos núcleos de Ramil, Laraño, Calzande e Gundián (Vedra) (exp. 2022/U032/000003), de conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese á información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia en nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na sede electrónica deste concello https://sede.vedra.es/sxc/gl/

Durante o mencionado prazo, que empezará a contar desde a publicación deste anuncio no DOG, o expediente tramitado poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen, de ser o caso, as alegacións que consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Vedra, 20 de abril de 2023

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde