No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 69, do 12 de abril de 2023, publícanse integramente as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de promoción interna-funcionarización, das seguintes prazas:
– Dúas prazas de administrativa/o.
– Unha praza de arquitecta/o técnica/o.
– Unha praza de técnica/o auxiliar de arquivos e bibliotecas.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento dos procesos selectivos efectuaranse de conformidade co previsto nas devanditas bases.
Teo, 12 de abril de 2023
Rafael Sisto Edreira
Alcalde