Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 29975

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se convocan para o exercicio 2023 (código de procedemento BS306B).

A Consellería de Política Social e Xuventude convocou para o ano 2023, a través da Orde do 31 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 22, do 1 de febreiro de 2023), as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove.

O artigo 9 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

No artigo 10 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento e no artigo 5.5 establécese que «é requisito para ser persoa beneficiaria destas axudas non estar incurso/a en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia».

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 13 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade ou grupo solicitante para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, o artigo 12 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto administrativo de requirimento de emenda das solicitudes ditado polo órgano instrutor con data do 2.5.2023, no que figura a relación de solicitudes que non están debidamente cubertas, que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras ou que non son suficientes para determinar o cumprimento dos requisitos exixidos, como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades ou grupos solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes. BS306B

Convocatoria: Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se convoca para o exercicio 2023 (código de procedemento BS306B).

Data do acto administrativo: 2.5.2023.

Órgano competente: Instituto da Xuventude de Galicia.

Relación de entidades e grupos:

Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións:

Núm. exp.

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2023/031

Escola Familiar Agraria A Cancela

G36060341

Certificación do secretario ou secretaria da entidade que inclúa a composición completa do órgano de dirección desta no momento de presentación da solicitude.

2023/052

Asociación Cultural Break Inclán

G70468616

Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/076

Asociación de Estudiantes de Intercambio de Santiago de Compostela

G70521240

Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/080

Asesgal

G32498826

1. Certificación do secretario ou secretaria da entidade que inclúa a composición completa do órgano de dirección desta no momento de presentación da solicitude.
2. Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/091

Asociación Imaxina e Axuda

G94192960

1. Certificación asinada do secretario ou secretaria da entidade que inclúa a composición completa do órgano de dirección desta no momento de presentación da solicitude.
2. Orzamento de gastos desagregado nos conceptos do anexo III.

3. Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/097

Asociación Veciñal As Termas

G32334989

Orzamento de gastos desagregado nos conceptos do anexo III.

2023/100

Asociación Xuvemprende

G32469694

Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/109

Asociación Xuvenil Galiza Nova

G15221252

Acreditación fidedigna da representación da persoa que asina a solicitude por calquera medio válido en dereito.

2023/111

Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra

G15217896

Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Grupos informais de mozas e mozos:

Núm. exp.

Solicitante

DNI da persoa representante

Nome da persoa representante

Documentación requirida

2023/054

GI Mocidade Retornada

***6177**

Camila Pérez Senande

1. Anexo IV. Poder de representación a favor dunha persoa membro do grupo informal, asinado por todas as persoas que o compoñen.

2. Certificado de que Camila Pérez Senande está ao día no pagamento coa Seguridade Social.

3. Certificado de que María Rúa Rodríguez está ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/055

GI Cangas Diversa

***9855**

Rosalía Paredes Cobas

Certificado de que Rosalía Paredes Cobas está ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/099

GI Barullo

***3578**

Jorge Moral Vidal

Anexo II de Ana Benilde Rosa Santos, debidamente cuberto.

2023/101

GI Alquitrán

***0706**

Ana Rodríguez-Corredoyra Bouza

Certificado de residencia con data de última variación padroal de Ana Rodríguez-Corredoyra Bouza.

2023/104

GI La 10 Producciones

***7411**

Alejandro Vargas Vizoso

Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria por parte de todas as persoas membros do grupo informal excepto o representante, ou autorización da súa consulta.