Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 29978

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023, que se incorpora no anexo I desta resolución.

No anexo II da resolución dáse publicidade a unhas addendas subscritas pola Axencia Galega de Innovación durante o terceiro cuadrimestre do ano 2022.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio entre a Axencia Galega de innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), para a continuidade en 2023 da iniciativa Connect Ourense

10.1.2023

144.000 €

Convenio entre a Axencia Galega de innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), para a continuidade en 2023 da iniciativa Conecta Lugo

21.2.2023

144.000 €

Addenda ao convenio asinado o 4.3.2022 entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, para o impulso da transferencia de tecnoloxía no sistema de I+D+i de Galicia

12.4.2023

147.005 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para regular as condicións da axuda destinada á actualización e ampliación da Plataforma Innopharma da USC, susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19

7.3.2023

Sen achega económica

III Convenio entre Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Axencia Galega de Innovación (Gain), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), Consorcio da Zona Franca de Vigo (Consorcio), Vigo Activo Sociedad de Capital Riesgo, S.A. S.M.E (Vigo Activo), Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) e Stellantis España, S.L. (Stellantis), para continuidade dun foco de emprendemento no sector da automoción e mobilidade en Galicia (Business Factory Auto - BFA) e a realización das edicións 7ª, 8ª e 9ª

15.3.2023

750.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Cultura, Ciencia e Tecnoloxía para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2023

11.4.2023

8.000 €

ANEXO II

Addendas subscritas pola Axencia Galega de Innovación no terceiro cuadrimestre de 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Addenda ao conveno asinado o 31.3.2022 entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A., para a realización do Programa de aceleración para a internacionalización de pemes Galicia Avanza

31.12.2022

Sen achega económica

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Fundación científica da Asociación Española contra o Cancro, a Fundación Kertor e Janssen-Cilag, S.A. para a creación dunha incubadora de proxectos no ámbito do descubrimento de fármacos contra o cancro

31.12.2022

20.000 €

Addenda ao convenio asinado o 11.4.2022 entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Sociedade Xestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo, para a continuidade da Aeronautics Business Factory (Bfaero) na súa cuarta e quinta edicións

31.12.2022

Sen achega económica