Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 29980

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia de Turismo de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no terceiro cuadrimestre de 2022 pola Axencia de Turismo de Galicia, que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2023

María Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO I

Convenio

Data de sinatura

Importe €

2023

2024

2025

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Porriño para
a humanización do antigo campo da feira do Porriño.

12.1.2023

379.252,36 €

118.960,76 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a creación de produto turístico sustentable.

6.3.2023

333.000 €

343.900 €

354.800 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para o impulso do asociacionismo no sector turístico de Galicia.

20.2.2023

65.000 €

65.000 €

65.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Páramo para a realización de determinadas actuacións de mellora paisaxística no concello.

16.2.2023

29.916,04 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Palas de Rei para a apertura e visitas públicas ao Castelo de Pambre.

20.3.2023

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Sociedade de Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, S.L. para a realización de prácticas académicas extracurriculares de alumnos de Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, S.L.

16.2.2023

Sen achega

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Nove Grupo Gastronómico para a promoción da gastronomía de Galicia.

23.3.2023

48.400 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o concello de Portas para a mellora da contorna do albergue de Briallos.

27.3.2023

48.397,47 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Castrelo de Miño para a rehabilitación de fonte e lavadoiro en Vilela.

14.2.2023

20.186,79 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Clubes Náuticos de Galicia (Asnauga) para a promoción e comercialización do turismo náutico en Galicia.

20.4.2023

78.054 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Boborás para o proxecto de embelecemento da Travesía do Igrexario, no contorno de protección da igrexa e da Casa Reitoral de Albarellos.

13.2.2023

96.800 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Monterrei para a limpeza, conservación e mantemento do contorno do castelo de Monterrei.

1.3.2023

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Monterrei para a realización de visitas guiadas e de información turística na Fortaleza de Monterrei.

15.3.2023

45.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a SAMI Catedral de Santiago de Compostela para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes.

27.2.2023

324.652 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Fundación Catedral de Santiago e a SAMI Catedral de Santiago para o apoio e reforzo da seguridade no complexo catedralicio.

27.2.2023

730.231,82 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Juana de Vega para o desenvolvemento do proxecto de mellora da imaxe paisaxística dos camiños de Santiago.

24.3.2023

150.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Semana Verde de Galicia para o apoio á celebración de Expoferr 2023, Feira de Subministracións e Ferrexaría Industrial, Protección Laboral e Maquinaria.

17.2.2023

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e Galicia Turistic, S.L. para a organización dun evento para a promoción e recoñecemento da innovación turística: Xornadas de Promoción de Emprendemento.

17.2.2023

92.500 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo para o apoio á estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2023.

23.3.2023

60.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Juana de Vega para o desenvolvemento dun estudo sobre actuacións no contorno do recinto fortificado do Castelo de Monterrei.

12.4.2023

150.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para a difusión de contidos que potencien o turismo de Galicia.

10.4.2023

140.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Distribuidoras de Hostalaría e Alimentación de Lugo para o apoio á celebración da III Feira Gastronómica L de Lugo.

17.3.20223

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Camiño Mozárabe-Vía da Prata Ourense para a celebración do XIII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas.

10.4.2023

35.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e os concellos de Vilanova de Arousa, Pontecesures, Catoira e Valga para o desenvolvemento do proxecto Mar de Santiago 2023.

24.3.2023

128.190 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Entidade Local Menor de Arcos da Condesa para o proxecto Arcos da Condesa: 75 anos no camiño. Ponte Bonita.

24.3.2023

48.247,14 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Entidade Local Menor de Arcos da Condesa para o proxecto As Campás do Camiño.

30.3.2023

48.245,60 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Cospeito para a mellora do recinto feiral municipal Manuel Vila, no núcleo de Muimenta.

18.4.2023

70.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración da 24ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico.

12.4.2023

35.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a asistencia e participación e para actividades de promoción na 21ª Feira Internacional de Turismo Termal, Termatalia Uruguai 2023.

12.4.2023

60.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Bispado de Lugo para a instalación de reixas e sistemas de iluminación e para a contratación de persoal de acollida e información dos peregrinos en igrexas do Camiño de Santiago.

18.4.2023

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para a realización de actividades de dinamización turística na provincia de Ourense.

4.4.2023

96.020 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Viviendas Turísticas de Galicia (Aviturga) para o proxecto integral para regular, profesionalizar e promocionar as vivendas de uso turístico.

17.4.2023

69.500 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Semana Verde de Galicia para o apoio á celebración de Turexpo Galicia 2023, XII edición do Salón Turístico de Galicia.

17.4.2023

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Bande para a apertura ao público e realización de visitas ao complexo arqueolóxico Aquis Querquennis.

20.4.2023

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Semana Santa 2023.

28.3.2023

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Lalín para a celebración da Feira do Cocido de Lalín 2023.

13.2.2023

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Catoira e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Romaría Vikinga.

17.3.2023

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Xinzo de Limia e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración do entroido 2023.

23.2.2023

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Semana Santa 2023.

14.3.2023

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Baiona e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa da Arribada da Carabela Pinta 2023.

14.3.2023

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Arbo e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da LXIII Festa da Lamprea de Arbo.

30.3.2023

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Meigas de las Hogueras de San Juan de A Coruña para a celebración das fogueiras de San Xoán 2023.

27.4.2023

40.000 €

ANEXO II

Convenio

Data de sinatura

Importe €

2022

2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Axencia de Turismo de Galicia e o Foro pola Economía Social Galega para a promoción da designación de Santiago de Compostela como capital española da economía social durante o ano 2022.

10.11.2022

25.000 €