Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/139-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: soterramento LMT SDM707, CS e CT en Fragosiño.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

Desmontaxe dun tramo de 1.681 metros de dobre circuíto das liñas de media tensión SDM707 Seur-Balaídos 7 e SDM709 Alcampo 7, desde o apoio 9X7BV8X9 ata o apoio 9WUD8QOA//D13.

Substitución dos apoios 9X7BV8X9 e 9WUD8QOA//D13 por apoios metálicos C-22/7000 e C-18/7000, respectivamente, nos cales se instalarán pasos aéreos subterráneos para conectar coa rede de media tensión proxectada.

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-56, de 13 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-27/7000, situado na parcela con referencia catastral 4137114NG2743N0001SA, e final no apoio existente 9X7HURD6//D8-1.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en oito actuacións:

Primeira: de 953 metros, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-22/7000 e final no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-18/7000, situado na parcela con referencia catastral 54057A09500010000AW.

Segunda: de 290 metros, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-22/7000 e final no centro de transformación (CT) 36CEL4 Fragosiño 32.

Terceira: de 98 metros, con orixe no centro de transformación 36CEL4 Fragosiño 32 e final no centro de seccionamento (CS) proxectado.

Cuarta: de 13 metros, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de transformación 36P591 Seur.

Quinta: de 45 metros, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de seccionamento 36CVJ9 Estrada Fragosiño 42.

Sexta: de 112 metros, con orixe no centro de seccionamento 36CVJ9 Estrada Fragosiño 42 e final: centro de transformación proxectado.

Sétima: de 59 metros, con orixe no centro de transformación proxectado e final no centro de transformación 36PPH0 Montajes Cíes, S.L.

Oitava: de 439 metros, con orixe no centro de transformación proxectado e final no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-18/7000.

Centro de seccionamento prefabricado, con celas compactas e corte en SF6 (4L), situado na parcela con referencia catastral 4137131NG2743N0001LA.

Centro de transformación prefabricado a 400 kVA con RT 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54057A095000180000AT.

As instalacións están situadas no lugar de Fragosiño, na parroquia de Sárdoma, no municipio de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 14 de abril de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/139-4.

Denominación: soterramento LMT SDM707, CS e CT en Fragosiño.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CS/CT

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Fragosiño-Sárdoma

Urbana

4137114NG2743N0001SA

Telefónica Sociedad Operadora de Servicios

C-22/7000

5,29

1,60

23,30

2

Fragosiño-Sárdoma

Urbana

4137131NG2743N0001LA

Seur

CS

11,36

3,25

9,73

3

A Serra

Matogueira

54057A095000180000AT

Descoñecido/a

CT

29,25

2,91

6,70

4

Fragosiño-Sárdoma

Matogueira

54057A095000100000AW

Descoñecido/a

C-18/7000

3,61

0,74

2,31

5

Fragosiño-Sárdoma

Urbana

4137126NG2743N0001QA

Descoñecido/a

0,90

14,50