Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2023/158-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS ATI712, CTC e ITC.

Situación: Mos.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 470 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº A4OP2D78//D1-82-A2 da LMTA ATI712, no cal se instala un interruptor telecontrolado, e final no centro de transformación (CT) proxectado.

Centro de transformación a 250 kVA, con RT de 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A022002810000SW, no camiño Penedos, fronte ao número 2. A instalación está situada na Gándara, parroquia de Mos, no municipio de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 14 de abril de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/158-4.

Denominación: LMTS ATI712, CTC e ITC.

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Sucarreira

Rústico

36033A028002970000SW

Descoñecido/a

1,96

6,17

2

Sucarreira

Rústico

36033A028004440000SD

Descoñecido/a

2,06

6,13

3

Sucarreira

Urbano

36033A028002950001DI

Descoñecido/a

31,03

93,04