Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polo proxecto de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, no concello de Culleredo (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do referido concello.
A Coruña, 26 de abril de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.
Entidade beneficiaria: Lots, Land & Rent, S.L. (Grupo Caamaño).
Denominación da instalación: ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño.
Concello: Culleredo.
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
16 |
15031A00500168 |
Rosa Albina Fernández Vales e Francisco Santamariña Rodríguez |
30.6.2023 |
11.30 |
17 |
15031A00500171 |
Descoñecida |
30.6.2023 |
12.30 |
19 |
15031A00500199 |
Luis Francisco Carmona Iglesias, Margarita Iglesias Domínguez, María Jesús Iglesias Domínguez e Ana Iglesias Domínguez |
30.6.2023 |
12.15 |
22 |
15031A00500262 |
María Barral Lousada |
30.6.2023 |
11.45 |