Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 13 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2022/339-1).

Expediente: IN407A 2022/339-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT SMR-711-apoio AOJUGIAJ//43-A-2.

Concello: Narón.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SMR-711 autorizado no expediente 27.407, de 420,9 metros de lonxitude en condutor tipo LAC-28, comprendido entre os seus apoios nº 43-A-1 (matrícula: AOKDNOFI) de formigón tipo AM-AG-HV-11/1B-Lira-CAI e nº 43-A-4 (matrícula: AOD2HABP) de formigón tipo S-AL-HV-500/14-Lira-CSRIII, consistente en:

– Desconexión e desmontaxe dos elementos de protección e manobra tipo XS existentes no apoio nº 43-A-2 (matrícula: AOJUGIAJ).

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15055A518017150000AZ, do antedito apoio nº 43-A-2 de formigón tipo AM-AG-HV-800/12-Lira-CAI-XS, polo novo apoio metálico tipo celosía AC-C-3000/14-C40R-CAIII no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Desconexión, desmontaxe e retirada da zona de policía do Rego Casavella, do apoio nº 43-A-3 de formigón tipo S-AL-14/2A-Lira-CSRIII que se proxecta substituír nunha nova localización baixo a actual traza da liña SMR-711, polo novo apoio metálico tipo celosía AC-C-2000/16-H35-CAIII(CS).

– Instalación, tras da retirada do condutor LAC-28 existente, de novo condutor tipo LA-56 no novo van de 194,5 metros de lonxitude que se formará entre os novos apoios nº 43-A-2 e nº 43-A-3 proxectados.

– Retensado do condutor tipo LAC-28 (condutor existente) no van da liña SMR-711 de 64,1 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 43-A-1 existente e o novo apoio nº 43-A-2 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LAC-28 (condutor existente) no van da liña SMR-711 de 141,9 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 43-A-3 proxectado e o apoio nº 43-A-4 existente.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 13 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Narón

Instalación de telecontrol en LMT SMR-711-apoio AOJUGIAJ//43-A-2

Parcela

proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso

de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Herdeiros de Ramona Sueiras Doce

15055A518017150000AZ

Ruxida

Novo apoio nº 43-A-2

2

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

2

Pura Fernández Carballo

15055A518017200000AH

Cortiña

Novo apoio nº 43-A-3 (½)

1

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

3

María Juana Cipriana Carballal López

001800300NJ62A0001AP

O Carabuchal

Novo apoio nº 43-A-3 (½)

1

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías