Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 13 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica nos concellos de Carballo e A Laracha (expediente IN407A 2022/334-1).

Expediente: IN407A 2022/334-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA A Laracha (BRT-706)-apoios A2WHQ3TH//35 a A292260O//43.

Concellos: Carballo e A Laracha.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña BRT-706 autorizado no expediente 27.210, de 1.612,2 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios nº 34 (matrícula: A30TSGH0) de formigón tipo AG-AM-IIB/14-CR1-CAIII e nº 44 (matrícula: A24LM6FW) de formigón tipo AG-AM-IIB-630/14-B2-CSI(SXS-CAIII), consistente en:

– Desconexión e desmonte de 412 metros de condutor tipo LA-110 tendido entre os actuais apoios nº 35 e nº 38.

– Desconexión e desmonte de 346 metros de condutor tipo LA-110 tendido entre os actuais apoios nº 41 e nº 43.

– Substitución, respectando a súa actual localización, do apoio nº 35 (matrícula: A2WHQ3TH) de formigón tipo AG-AM-2 x IIB-CR1-CAIII, polo novo apoio metálico tipo AG-AM-C-2000/16-H35-CA(CS)III.

– Substitución, respectando a súa actual localización, do apoio nº 36 (matrícula: A2UCEOPG) de formigón tipo AL-S-4500/14-B1-CSR1, polo novo apoio metálico tipo AL-AM-C-1000/14-H35-CA(CS)III.

– Instalación de novo conxunto de illadores tipo CSRIII no apoio nº 37 (matrícula: A2QR709W) de formigón tipo AL-S-IIB/14-B1.

– Substitución, respectando a súa actual localización, do apoio nº 38 (matrícula: A2O0V7O9) de formigón tipo AG-AM-IIB/12-CR1-CAIII(CS), polo novo apoio metálico tipo AG-AM-C-2000/16-H35-CA(CS)III.

– Substitución, respectando a súa actual localización, do apoio nº 41 (matrícula: A2FKAMKO) de formigón tipo AL-S-IIB-630/14-B2-CSI, polo novo apoio metálico tipo AL-AM-C-1000/16-H35-CA(CS)III.

– Instalación de novo conxunto de illadores tipo CSIII no apoio nº 42 (matrícula: A2BMCE7A) de formigón tipo AL-S-IIB/14-B2.

– Substitución, respectando a súa actual localización, do apoio nº 43 (matrícula: A292260O) de formigón tipo AL-S-IIB-630/14-B2-CSI, polo novo apoio metálico tipo AL-AM-C-1000/16-T35-CA(CS)III.

– Tendido de novo condutor tipo LA-110 no treito de 412 metros de lonxitude comprendido entre os novos apoios nº 35 e nº 38 proxectados.

– Tendido de novo condutor tipo LA-110 no treito de 346 metros de lonxitude comprendido entre os novos apoios nº 41 e nº 43 proxectados.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) nos vans da liña BRT-706 comprendidos entre o apoio nº 34 existente e o novo apoio nº 35 proxectado, entre o novo apoio nº 38 proxectado e o apoio nº 39 existente, entre o apoio nº 40 existente e o novo apoio nº 41 proxectado e entre o novo apoio nº 43 proxectado e o apoio nº 44 existente, de 138,7 metros, 154,35 metros, 160,81 metros e 254,54 metros de lonxitude respectivamente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como nos concellos. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 13 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-termos municipais de Carballo e A Laracha

Regulamentación LMTA A Laracha (BRT-706)-apoios A2WHQ3TH//35 a A292260O//43

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Vargas de Arrendamientos y Promociones, Comunidad de Bienes

0183719NH3808S0001MT

Lugar de Braña

Novo apoio nº 36

2

Urbano. Solo sen edificar

3

Pedro Calvete Longueira

9480702NH2898S0001ZY

Lugar de Proame

Novo apoio nº 38 (½)

1

Urbano

4

Vargas de Arrendamientos y Promociones, Comunidad de Bienes

9480703NH2898S0001UY

Lugar de Proame

Novo apoio nº 38 (½)

1

Urbano. Solo sen edificar

5

Vargas de Arrendamientos y Promociones, Comunidad de Bienes

15042A157003440000RP

Campo Redondo

Novo apoio nº 41

2

Rústico. Agrario. Piñeiral madeireiro