Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, nunha praza de técnico en relacións internacionais da escala técnica superior (subgrupo A1) vacante na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocadas mediante a Resolución do 20 de agosto de 2018 (DOG do 14 de setembro).
Verificada a concorrencia no aspirante aprobado dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.
De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.
Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada mediante a Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear funcionario de carreira da escala técnica superior, subescala de relacións internacionais do subgrupo A1 da Universidade da Coruña, o aspirante aprobado polo sistema de quenda libre que se relaciona no anexo.
Segundo. Para adquirir a condición de funcionario de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 26 de abril de 2023
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña
ANEXO
Escala técnica superior, subescala de relacións internacionais
(subgrupo A1)
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Puntuación total |
1 |
***3933** |
Nieto Mallo, Pablo |
83,51 |