Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28064

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 2 de maio de 2023 pola que se amplía o crédito da Orde do 14 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN519B).

A través da Orde do 14 de decembro de 2022 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2023) convocáronse para o ano 2023 as subvencións destinadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.

O artigo 2 da parte dispositiva da Orde do 14 de decembro de 2022, relativo ao crédito orzamentario destinado ás axudas, establece que se destinará para a anualidade de 2023 a cantidade de 2.100.949,34 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.02.732A.760.0. No punto 3 deste artigo prevese a posibilidade de incrementar a dotación desta partida en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, feito que non implica a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Para a tramitación dos expedientes de axuda desta convocatoria, o crédito orzamentario inicial deberase incrementar para atender as necesidades de fondos para a súa tramitación, polo que procede a oportuna modificación orzamentaria incorporando crédito na aplicación 05.02.732A.760.0, Mellora de infraestruturas en parques empresariais, por un importe de 431.176,42 €.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase, ao abeiro do disposto na Orde da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, do 14 de decembro de 2022, o importe total do crédito orzamentario en 431.176,42 €, de maneira que a anualidade de 2023 pasa a ser 2.532.125,76 €.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023

Francisco Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de
Economía, Industria e Innovación