Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se acorda someter a información pública o anteproxecto de Lei de loita integral contra os incendios forestais de Galicia.

A Consellería do Medio Rural está a tramitar o anteproxecto de Lei de loita integral contra os incendios forestais de Galicia.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 7.4 do Decreto 111/1984, do 25 de maio, polo que se aproba o Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 57/1994, do 25 de marzo, e co fin de garantir unha maior participación da cidadanía neste trámite administrativo,

RESOLVO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o anteproxecto de Lei de loita integral contra os incendios forestais de Galicia.

Segundo. O texto do anteproxecto de lei poderá consultarse no Portal de transparencia da Xunta de Galicia: Normativa en tramitación - En prazo de envío de suxestións - Portal transparencia (xunta.gal).

Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as suxestións que consideren oportunas a este anteproxecto de lei na seguinte ligazón do Portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-desuxestions, ou coa presentación, a través do procedemento PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica).

Así mesmo, as persoas físicas poderán presentar as súas suxestións por escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Dirección Xeral de Defensa do Monte, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da
Consellería do Medio Rural