Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, procedemento ordinario 7086/2023.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso contencioso-administrativo (P.O. 7086/2023) seguido por instancia de Carmen Botana Cao, Ramón Couto López, José Cao Gómez e Ángel Iglesias Vilanova, contra a Resolución da Consellería do Medio Rural, do 30 de xaneiro de 2023, pola que se desestima o recurso de alzada interposto contra a resolución de inclusión dos núcleos rurais de Brandariz na zona de concentración parcelaria de Brandariz-Obra, sector Brandariz (Vila de Cruces-Pontevedra).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal no prazo de nove días contado desde a publicación deste anuncio, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 24 de abril de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra