Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 26941

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 21 de abril de 2023 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 16 de decembro de 2022 pola que se realiza a convocatoria, para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN407E).

O 20.1.2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 16 de decembro de 2022 pola que se realiza a convocatoria para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR)-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN407E).

No artigo 8 da Orde do 16 de decembro de 2022 prevese un crédito de 482.544,59 € para o financiamento destas axudas, con cargo á aplicación orzamentaria 05.03.733A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

No mesmo artigo prevese que se poderá ampliar o crédito máximo destinado a esta convocatoria cando o aumento veña derivado:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Debido a existencia de remanente da convocatoria de ano 2022, cómpre ampliar o importe do crédito destinado ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida orde, coa finalidade de conceder a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Segundo o establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Por todo o exposto, no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Orde do 16 de decembro de 2022 pola que se realiza a convocatoria para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR)-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN407E), por un importe de 101.015,59 €, con cargo á partida orzamentaria 05.03.733A.770.0. Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a cincocentos oitenta e tres mil cincocentos sesenta euros con dezaoito céntimos (583.560,18 €).

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023

Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro
de Economía, Industria e Innovación