Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 26939

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 20 de abril de 2023 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Mediante a Resolución do 14 de xuño de 2021 fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades do Sistema universitario de Galicia.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que son membros natos do Consello Social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal de administración e servizos, elixidos e elixidas polo Consello de Goberno da universidade entre os seus membros na forma que determinen os seus estatutos.

A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

Con data do 17 de abril de 2023, a presidenta do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela comunica á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, reunido o 30 de marzo de 2023, designou como representante do persoal de administración e servizos no Consello Social de Santiago de Compostela a Juan Oreiro Formoso en substitución de Minia García Angulo.

De acordo co establecido no artigo 78 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, xúntase declaración xurada de compatibilidade do novo membro do Consello Social.

O artigo 77.4 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a Juan Oreiro Formoso, como representante do persoal de administración e servizos, no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, en substitución de Minia García Angulo, polo tempo restante de mandato.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades