Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2022/298-1).

Expediente: IN407A 2022/298-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT PAD-813 en A16IJCHN//D17-4.

Concello: Padrón.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PAD-813 autorizado no expediente IN407A 2001/465-1, de 254,5 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios núm. D17-3 (matrícula: A137JHOP) metálico tipo celosía FL-AM-C-2000/18-H35-CAI e núm. D17-5 (matrícula: A16HRVIT) de formigón tipo AM-AG-HV-630/13-CR1-CAI, consistente en:

– Desconexión e desmonte dos elementos de protección e manobra tipo XS e do paso aéreo-soterrado (PA/S) existentes no apoio núm. D17-4 (matrícula: A16IJCHN).

– Retirada do condutor tipo LA-56 no treito de 157,8 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. D17-4 existente e o apoio núm. D17-5 existente.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 7039159NH2374S0001ZB, do antedito apoio núm. D17-4 de formigón tipo AM-AG-HVH-3500/15-CR1-CAI, polo novo apoio metálico tipo celosía AM-C-4500/18-2 × H35-CA, no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado e a reinstalación do paso aéreo-soterrado (PA/S) retirado do apoio D17-4 previo á súa substitución.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 15 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 × 95 mm² Al), coa orixe no novo paso aéreo-soterrado (PA/S) anterior e remate en empalmes MT para realizar na base do novo apoio sobre a LMTS de alimentación ao CT Agronovo (expediente IN407A 2001/465-1/matrícula: 15CQV9).

– Instalación de novo condutor tipo LA-56 no treito de 157,8 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio metálico e o apoio núm. D17-5 existente.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña PAD-813 de 96,7 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio núm. D17-4 e o apoio núm. D17-5 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partires do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 10 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: instalación de telecontrol en LMT PAD-813 en A16IJCHN//D17-4.

Concello: Padrón.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

CMVMC Extramundi

7039159NH2374S0001ZB

Polígono 70931, parcela 59

Lugar de

Agronovo

Novo apoio núm. D17-4

2

Urbano. Solo sen edificar