Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 13 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2023/054-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luís, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, LMTS, CTC e RBTS no Cumial e Muíño do Camba.

Situación: lugares do Cumial e Muíño do Camba, concello de Ourense.

Características principais recollidas no proxecto:

• Instalación dun novo apoio proxectado núm. x1, de celosía metálica, do tipo C-14/2000, que se intercala na LMTA SCV844C entre os apoios existentes núm. D27-5-4 e núm. D27-5-5, no cal se instala un interruptor seccionador telecontrolado (ITC). Substitución do condutor existente, na LMTA SCV844C, instalando 196 m de novo condutor proxectado, de tipo LA-56, entre o apoio existente D-27-5-7 e o apoio proxectado núm. x1.

• LMT soterrada, a 20 kV, de 577 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1x150 Al), con orixe no paso A/S proxectado no apoio proxectado núm. x1 anterior na LMT SCV844C e final no CT proxectado núm. 1.

• CT proxectado núm. 1, de tipo prefabricado rural manobra exterior, con transformador de 100 kVA e r/t 20.000/400 V.

• Reforma da LMT SCV844C no tramo da derivación que alimenta o CT Cumial-32CA76, coa substitución dos apoios existentes núm. D15-3-1, núm. D15-3-2 e núm. D15-3-3, instalando no seu lugar tres novos apoios proxectados de celosía metálica, de tipo C-16/1000, C-14/2000 e C-14/2000, respectivamente. Substitución do condutor existente e instalación de 272 m de novo condutor proxectado, de tipo LA-56, entre o apoio existente núm. D-15-3 e o apoio proxectado núm. D-15-3-3.

• LMT soterrada, a 20 kV, de 420 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1x150 Al), con orixe no paso A/S proxectado no apoio proxectado núm. D15-3-3 na SCV844C e final no CT proxectado núm. 2.

• CT proxectado núm. 2, de tipo prefabricado rural manobra exterior, con transformador de 100 kVA e r/t 20.000/400 V, e que substitúe o CT existente Cumial-32CA76.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 8 de febreiro de 2023.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación se poderá examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 13 de marzo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/054-3.

Termo municipal: Ourense.

Denominación da instalación: LMTA, LMTS, CTC e RBTS no Cumial e Muíño do Camba.

Predio

Propietarios/as

Afección

Núm.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Ref. catastral

Apoio ou CTC

Servidume de voo

Canaliz. sot.

Núm.

Sup. ocup.(m2)

Lonx. m

Sup. ocup. (m2)

Lonx. m

Sup. ocup. (m2)

1

Serra Coterón

Prado/Labor

José Luis Díaz Gómez

32900A173000900000LD

X1

2

2,00

6,00

2

San Sellao

Monte alto

Descoñecido

32900A173001510000LR

CTC

15

6

25

3

Serra Coterón

Matogueira

Descoñecido

32900A173003300000LG

D15-3-1

2

4

Rúa Cuartel

Matogueira

Descoñecido

6738502NG9863N0000ZG

D15-3-2

2

2,00

71,00

5

Serra Coterón

Prado/Labor

Descoñecido

32900A173002480000LI

10,00

120,00

6

Serra Coterón

Prado/Labor

Descoñecido

32900A173002450000LR

29,00

459,00

7

Serra Coterón

Prado

Delia Cid Gómez

32900A173002440000LK

D15-3-3

2

34,00

540,00

4

11

8

Rúa Cuartel

Prado

Descoñecido

6738510NG9863N0000BG

CTC

15

4

13