Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Noia (expediente IN407A 2022/087-1).

Expediente: IN407A 2022/087-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT TA2-801-apoio 9PKS8WIW//16.

Concello: Noia.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu trazado actual, do treito da liña TA2-801 (rexistrada no expediente IN407A 2016/2096-1) comprendido entre os seus apoios nº 14 (matrícula: 9PLC7K32) e nº 17 (matrícula: 9PKK12RH), consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización, do apoio nº 15 (matrícula: 9PL3XOCI) de formigón tipo AM-AL-HVH-650/14-CR1-CAII polo novo apoio metálico de celosía AM-C-1000/14-H35-CAIII(CS).

– Substitución do apoio nº 16 (matrícula: 9PKS8WIW) de formigón tipo S-AL-HVH-650/14-Lira-CSRI polo novo apoio metálico de celosía AM-C-1000/14-H35-CAIII(CS), que se desprazará quince (15) metros cara ao novo apoio nº 15 proxectado respecto da localización actual do apoio nº 16.

– Retirada do condutor tipo LA-110 no treito de 150 metros de lonxitude comprendido entre os apoios nº 15 e nº 16 previo á substitución destes.

– Instalación de novo condutor tipo LA-110 no treito de 135 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 15 e o novo apoio nº 16.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no treito de 189 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 14 existente, de formigón tipo AM-AL-HVH-650/14-Lira-CSRI e o novo apoio nº 15.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no treito de 222 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 16 e o apoio nº 17 existente, metálico de celosía tipo AM-AG-C-3000/20-D15-CAII.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta co presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 10 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMT TA2-801-apoio 9PKS8WIW//16

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Noia

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

Polígono 10,

parcela 1275

Portela

Novo apoio 15 (½)

1

Prado ou pradaría

2

Descoñecido

Polígono 10,

parcela 1274

Portela

Novo apoio 15 (½)

1

Prado ou pradaría

3

Descoñecido

Polígono 10,

parcela 1290

Fontiña

Novo apoio 16

2

Matogueira