Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27209

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

ANUNCIO de provisión dunha vacante de académica/o de número na Sección de Música.

A Real Academia Galega de Belas Artes anuncia a provisión dunha vacante de académica/o de número na Sección de Música. Para ocupar esta praza será elixida unha persoa que dese a coñecer os seus méritos artísticos, científicos e culturais.

As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións exixidas para aspirar a esta praza deberán acreditar os seus méritos mediante presentación do seu respectivo curriculum vitae e terán que ser propostas, por tres académicos de número, dentro do prazo de trinta días naturais a partir da publicación deste anuncio.

Domicilio da Real Academia Galega de Belas Artes: praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 3 de abril de 2023

Manuel Quintana Martelo
Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes
de Nosa Señora do Rosario