Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27210

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2023 pola que se aproba e se fai pública a lista de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de persoal empregado investigador no marco de estabilización de emprego temporal e o tribunal xulgador das probas.

Mediante a Resolución do 22 de febreiro de 2022 (DOG do 15 de marzo), publicáronse as listas provisionais de persoas candidatas para cubrir tres prazas de técnico/a superior de xestión e unha praza de técnico/a superior de investigación, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de alegacións

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta na web do CITMAga: https://citmaga.gal/w/proposta-estabilización

Terceiro. Nomear as persoas que a continuación se relacionan membros titulares e suplentes do tribunal cualificador do proceso selectivo.

Tribunal titular:

Presidente:

Emilio Martínez Rivas, persoal directivo profesional da área de Promoción e Estratexia Científica na Universidade de Santiago de Compostela.

Vogais:

Julio González Díaz, profesor titular da área de Estatística e Investigación Operativa na Universidade de Santiago de Compostela.

Pilar Pintor Vázquez, funcionaria grupo A1, directora de xestión económico-administrativa da OTRI na Universidade da Coruña.

Elena Vázquez Abal, catedrática da área de Xeometría e Topoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario:

Anxo Moreira González, funcionario grupo A1, vicexerente de investigación na Universidade de Vigo.

Tribunal suplente:

Presidenta:

Maruxa Casal Reyes, persoal directivo profesional da área de persoal na Universidade de Santiago de Compostela.

Vogais:

Ana Pérez González, profesora titular da área de Estatística e Investigación Operativa na Universidade de Vigo.

José Mahía Saavedra, funcionario grupo A1, director de xestión científico-técnica da OTRI na Universidade da Coruña.

José Manuel Seijo Rodríguez, profesor titular da área de Matemática Aplicada na Universidade da Coruña.

Secretaria:

Eva Garea Oya, funcionaria, grupo A1, técnica de relacións internacionais da Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2023

Antonio López Díaz
Presidente do Consello Reitor do CITMAga