Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27208

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2023 pola que se dá publicidade a un encargo de xestión, para o exercicio 2023, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a un encargo de xestión, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: labores de ampliación de axardinamentos para creación de novas áreas de lecer para os noiros orientados ao noroeste e oeste sobre o recheo de terras entre eixes de acceso e rotondas de conexión da Cidade da Cultura coa AP-9.

Natureza e alcance da xestión: trátase dun encargo a un medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: 38 semanas desde a formalización do encargo.

Importe: 185.984,16 €.

Tarifas aplicables: maioritariamente réxime de tarifas aprobado con data do 20 de agosto de 2013.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2023

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia