Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27207

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefa/e da Área de Servizos Xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 68, do 10 de abril de 2023, publicáronse as bases do proceso selectivo convocado para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefa/e da Área de Servizos Xerais.

O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A resolución da convocatoria, co nomeamento da persoa seleccionada, publicarase no BOPPO, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 10 de abril de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía do 16.4.2021 e Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.4.2021 e Resolución da Alcaldía do 6.9.2022 e Acordo da Xunta de Goberno Local do 8.9.2022)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Seguridade, Contratación e Xestión Municipal