Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2023 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Davila IV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Davila IV, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 23 de marzo de 2023, María Paula Moital Pérez (***1010**) solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Davila IV.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartamento ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de María Paula Moital Pérez (***1010**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Davila IV.

Situación:

Cuadrícula número: 30.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 6.7.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Esperanza Pérez Pousada (***3101**) e José Moital Santos (***3460**).

Nova titular: María Paula Moital Pérez (***1010**).

A nova titular da concesión subrógase nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da mellora en escritura pública, e, especialmente, subrógase en todas as obrigas contraídas polos transmitentes en relación coa axuda tramitada, concedida e percibida mediante o expediente PE205J 2021/121-5 en concepto de axuda compensatoria no ámbito da acuicultura por importe de 10.500,70 €. Así mesmo, a nova titular comprométese a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) número 1303/2013, do 17 de decembro (DOUEL número 347, do 20 de decembro).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 30 de marzo de 2023

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A xefa territorial de Vigo
Por suplencia (Resolución do 7.4.2022)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica