Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Defensa do Monte, polo que se notifican actos administrativos relativos ao expediente de expropiación forzosa para a construción dunha base de medios aéreos no marco do proxecto Interlumes-Programa de cooperación transfronteiriza Interreg V-A España-Portugal (POCTEP).

Para os efectos de coñecemento das persoas interesadas, intentadas e sen efecto as notificacións persoais e en virtude do disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a resolución da Dirección Xeral de Defensa do Monte sobre os actos administrativos relativos á ocupación previa e á ocupación definitiva dos bens e dereitos afectados no expediente administrativo de expropiación forzosa, para a construción dunha base de medios aéreos transfronteiriza no marco do proxecto Interlumes, nos termos municipais de Verín e Oímbra, declarada de urxente ocupación pola Orde do 20 de marzo de 2023, da Consellería do Medio Rural (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

En consecuencia, exponse o expediente ás persoas relacionadas no anexo que, para o seu coñecemento íntegro e para o exercicio dos seus dereitos, poderán acudir, persoalmente ou por medio dun representante, no prazo de 10 días, á sede da Dirección Xeral de Defensa do Monte, sita en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023

Manuel Rodríguez Vázquez
Director xeral de Defensa do Monte

ANEXO

Núm. orde

Concello

Parcela

Superficie (m²)

Titular

NIF

Ref. Cat.

Polígono

12

Verín

1575

3.242

Arias Lorenzo, Luisa

***0640**

-------------------

---------

44

Verín

260

560

Moura do Nacimento, Alejandrina

*********

32086A50400260

504

48

Verín

751

520

Diz Rodríguez, Manuel

***9937**

32086A50400751

504